O encaixe de Camariñas incorporado ao deseño de mobiliario da firma Juan Ares Lab
A fima Juan Ares Lab fusiona artesanía e deseño
Venres 21 de marzo de 2014
A firma Juan Ares Lab, materializa na súa próxima colección 2014 a fusión entre a artesanía tradicional e o deseño máis conceptual. Xunto a el participaron Elba Ferrin, creadora dos deseños en encaixe e as palilleiras Lara e Isabel "9 Ondas" é unha peza de mobiliario que levará incorporado o "Encaixe de Camariñas", arte do palillo que entrelaza distintos fíos ata conformar variadas formas xeométricas de diversa significación. A presentación da devandita peza, realizarase na semana do 16 ao 20 de Abril, coincidindo coa XXIV Mostra do Encaixe de Camariñas ( A Coruña), sendo exposta no devandito certame.