Carrillo e Matteos apostan polo encaixe de Camariñas na moda internacional
Venres 21 de febreiro de 2014
Os deseñadores coruñeses Charo Carrillo e José Matteos apostan polo encaixe de Camariñas na moda a nivel nacional e internacional. Carrillo anunciou onte na presentación da XXIV Mostra do Encaixe de Camariñas que unha prestixiosa escola de deseño de Copenhague, en Dinamarca, Copenhagen Fur, coa que está colaborando, incorporará o encaixe de Camariñas nos seus traballos. A deseñadora destacou que esta recoñecida escola a nivel mundial está interesada en aplicar as prezadas puntillas e os deseños desta escola serán presentados na Coruña nos próximos meses.
Charo Carrillo matizou durante a rolda de prensa celebrada na sede da Deputación da Coruña que o encaixe “non é perecedeiro”, por lo que continuará estando aí, e eloxiou o papel da Mostra do Encaixe, que desde fai vinte e catro anos promociona este labor artesanal, así coma a importancia do concurso de Xóvenes Deseñadores que se realiza anualmente durante o certame. Para Carrillo, actualmente poder deseñar en Galicia “é un luxo”.
Matteos recordou que el tamén foi un dos participantes do concurso camariñán e desde entón sempre incorporou o encaixe nos seus deseños. No acto exhibiuse un vestido da colección primavera verán que estes días presentou na Mercedes Benz de Madrid, así como outro modelo de Charo Carrillo.
A vicepresidenta da Deputación, Mariel Padín –que presidiu o acto debido á ausencia de Diego Calvo- fixo especial fincapé na importancia da Mostra de Camariñas para promocionar esta artesanía única en toda España, que a Deputación financia con 60.000 euros. Ademais, insistiu en que o certame supón un “revulsivo económico” durante a Semana Santa.
O alcalde de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso de León, aludiu á crise actual e ao recorte das axudas á feira por parte das distintas administracións, aínda que agradeceu o apoio da Deputación a este evento. O orzamento deste ano ascende a 110.000 euros, mentres que nalgunhas edicións rondou os 400.000, segundo apuntou Alonso de León. O rexidor cree que o encaixe de Camariñas ten “futuro” grazas ás escolas de palillo que hai no municipio e ao interese que esperta o concurso de Xóvenes Deseñadores. Este ano presentáronse case un centenar de propostas de gran calidade. Ao acto de presentación do certame tamén acudiu a concelleira delegada da Mostra, Sandra Ínsua.
A Mostra do Encaixe celebrarase en Camariñas do 16 ao 20 de abril, coincidindo coa Semana Santa. Os desfiles de moda e as exhibicións das escolas de palillo serán algúns dos principais atractivos do certame, que contará coa presenza de delegacións nacionais e internacionais.